Maghúa na gala dos XX anos da Liga Reumatolóxica Galega!! Maghúa are back!!

1950s 3d 3 dbl

Logo de case que un ano de descanso (mais que merescido!!!) Maghúa botaremos unhas pezas na gala que a LRG ten organizada para a vindeira sexta (venres) apartir das 20 horas no Palexco d’A Coruña.

O Palexco é grande, e ainda que non chegues a tempo para solicitar as entradas en info@ligagalega, proba!!

Xa sabes! Maghúa estamos de volta! We are back!! We are Maghúa, and we play rock’n’roll!!

MAGHÚA NOS SERÁNS DA NAVE, NA EDICIÓN DE SANTOS!!

968946_517326554982587_393205465_n

Maghúa estaremos na edición de Santos (novembro) dos Seráns da Nave, organizados pola asociación Seráns en Compostela, e a celebrar-se n’A Nave de Vidán….

O programa completo é o que segue. Un pracer partillar con tan boa xente!

21h30 . Obradoiro de baile con Rebeca Tallón
22h30 . Can de ghaiteiro
23h15 . Maghúa
24h00 . Aire Xulia
01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante

Vén botar uns pontos con Rebeca, con Can, con Aire ou connosco, e, logo, na foliada aberta!!

MAGHÚA EN EL SABIL, NO ALCUENTRU DE PANDEIRETA GALEGA YA ASTURIANA!!!

12113322_10206509462927394_4065205952690201624_o

Logo de tocarmos na noite do venres en Monterroso, e de facermos unha fugaz visita a Madrid ao longo da mañá deste sábado, botaremos unhas cantas coplas cos compañeiros de Cantaruxare no Alcuentru, a celebrar no Santu Adrianu…

Anima-te e participa deste encontro de línguas, pandeiretas e sons…, de países e, sobre todo, de amigos! Unha boa ocasión para gozar dunha paisaxe única, do fresco do tempo, e do sabor astur!!!

Vemo-nos aló!!!

Maghúa en La Clave, Monterroso!

12079814_1667040643533308_75175391278622852_o

Maghúa chegaremos a este concello d’A Ulloa, na província de Lugo, para botar unhas pezas das recollidas nos nosos dous traballos discográficos, “Corricán” e “Mátria”.

A entrada é de balde, e podes tomar-lle un chóspiro entre ponto e ponto! Queremos que bailes, e faremos-te bailar!!!

Avante toda!

MAGHÚA NAS FESTAS DE SAN MIGUEL, EN NEIRA DE REI (BARALLA)!!!

11988312_881749211860587_8387016365434539553_n

Maghúa botaremos unas pezas na primeira xornada das Festas na Honra de San Miguel, que se celebrarán en Neira de Rei entre o 25 e o 27 deste mes de setembro.

O 25, apartir das 22.00 h. abriremos as festas acompañando ao Duo Estrellas (serán de lúpulo??)!

Para nós é unha honra tocar nestas festas na honra a San Miguel, dado o vencello tan forte que temos co Val de Neira e co Bando de Reis de Neira de Rei…..

Un verdadeiro pracer!!!

VINDEIROS CONCERTOS DE MAGHÚA

FAB_3984

E non estabamos mortos…., andabamos de parranda….!!!

O vindeiro sábado tocaremos, xunto con Os Carriços, Abóbriga, Ultreia e Quempallou na XIVª Noite da Lúa Meiga. O Viso, Redondela. No Miradoiro do Outeiro Grande. Apartir das 20.21 horas. Ao longo do dia hai actividades varias! Para nós será un pracer partillar con tantos amigos!!!

Venres, 25 de setembro. Tocamos na nosa segunda casa. En Neira de Rei, apartir das 22.00, polas festas de San Miguel.

Venres, 30 de outubro. La Clave, Monterroso. Apartir das 23.30 horas.

A isto hai que engadir outras datas, que iremos apontando, xunto co traballo que andamos a facer de cara ao noso Xº aniversário, que inclue a gravación do noso terceiro traballo nos estudos Nakra-con colaboracións varias, ben chulas!- e a nosa entrada nas vosas casas, via TV apartir de xaneiro!

MAGHÚA DE TOURNÉE POR MADRID!!!

MAGHÚA

Maghúa colleremos os vultos, os instrumentos e o comboio para pór destino Madrid.

Serán tres concertos, en Centro Gallego de Tres Cantos, en Madrid e en Torres de la Alameda (Alcalá de Henares).

Comezamos o 30 de maio, apartir das 18 horas, no Teatro Municipal de Tres Cantos. Partillaremos cenário con Ardello Eixo Tres Cantos dentro da programación Muestra Artística y Cultural 2015, nunha xornada adicada ás Letras Galegas. Logo haberá foliada!

Continuamos a sexta-feira, venres, na sala El búho real (Regueros 5, Madrid). Nun encontro organizado polos amigos (xa de vello) da A.c. Xirandela. Tocamos às 21.30 horas. Entrada con consumición, 6 ouros. Logo, foliada!

Rematamos o sábado 6 de xuño, facendo valer o primeiro posto acadado no concurso Folkarria Eco Festi Bal da pasada edición. Comezamos às 19 horas cun obradoiro de baile tradicional, para logo seguir cun concertiño. En Torres de la Alameda. Dicemos rematamos, para coller pulo e apoiar aos amigos de Seisporoito, que participan na segunda edición do concurso de baile e música Folkarria. Sen dúbida, unha aposta segura!!!!

Mais info en:

Centro Galego Tres Cantos.
A.C. Xirandela
Folkarria.es

Maghúa n’A Cova Céltica (A Coruña)!!

image

A vindeira cuarta-feira (mércores) 20 de maio Maghúa cantareiros tocaremos na cervexaria A Cova Céltica unhas pezas apartir das 22.00 h.

Apresentaremos os nosos traballos, Corricán e Mátria e, quen sabe?

Poderás gozar do sabor da música tradicional do noso País, xunto cunhas garimbas; e botar uns pontos até queimar a sola dos teus zapatos!!

Maghúa no pub Xoldra de Guitiriz!!

11187252_817698601598982_6057237086773298467_o

Maghúa botaremos unhas pezas neste local o vindeiro dia 1 de maio.

Celebraremos o DIA INTERNACIONAL DO TRABALLO facendo o que mais nos presta: poñendo o pelexo a traballar… Nós, às 13.00, e PELEPAU à noite!

Vaia festa da sidra e do vermu galego!!

Achega-te gastar zapato!!